Achegas para o traballo de dinamización das bibliotecas escolares

O caso do CPI Cernadas de Castro


Thèse de Master, 2010

140 Pages, Note: 8


Extrait


Índice

Introdución

Marco legal de organización dunha biblioteca escolar
1. O Manifesto da UNESCO-IFLA sobre a Biblioteca Escolar
2. Art. 113, Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación
3. Orde do 17 de xullo de 2007
4. Regulamento de Ordenación de Centros (ROC)
5. Documentos específicos do centro
6. Responsabilidade específica do encargado da biblioteca

- modelo real. O CPI Cernadas de Castro
1. Descrición
2. A biblioteca
2.1. Equipo de biblioteca
2.2. Plan Anual de Biblioteca 2009-2010
2.3. Infraestrutura
2.4. Fondos
2.5. Xestión e funcionamento
2.6. Actividades

Plan de dinamización
1. Xestión de fondos e recursos humanos
1.2. Recursos humanos
1.3. Adquisición de fondos
2. Espazos
3. Actividades
3.1. Formación de usuarios
3.2. Fomento da lectura

Conclusións

Bibliografía

ANEXOS

Introdución

- traballo que aquí se vai expor é o resultado das investigacións que realizamos ao longo de cinco meses co fin de as incorporar ao traballo de fin de mestrado necesario para superar o Máster en Edición que se levou a cabo entre as Universidades de Vigo e Santiago de Compostela en 2010.

-s puntos de partida destas investigacións xurdiron con dous debates frecuentes a respecto das bibliotecas escolares, como son: o libro galego e a falta de lexislación e formación de especialistas. Así, apuntábase no «Anuario del libro infantil y juvenil» de 2008, editado por SM, co gallo da aprobación da Lei do Libro en 2008 e coa creación do Observatorio do Libro e da Lectura, a vontade explícita de colaboración co Ministerio de Educación para a implantación de bibliotecas escolares. Un informe de outubro de 2005, Las bibliotecas escolares en Espa ñ a. An á lisis y recomendaciones, da Fundación Germán Sánchez Ruipérez, a FGEE e o Minister io de Cultura, achegou a documentación necesaria sobre o estado da cuestión e puxo de manifesto a urxencia de tomar medidas sobre un tema que, segundo os especialistas, podería ser decisivo na modernización e mellora do sistema educativo. Non obstante, a cuestión das bibliotecas escolares segue en pé. En 2007, coa implantación da LOE, o Ministerio incluíu as bibliotecas escolares no programa e habilitou o correspondente orzamento para o curso 2007-2008 mais, a falta de lexislación (formación de especialistas, creación de prazas, etc.) e de acordos concretos coas comunidades autónomas con competencias na materia, a posta en marcha das bibliotecas escolares quedou en pura teoría... de momento. Polo menos, fallouse o Primeiro Premio Nacional de Boas Prácticas en Bibliotecas Escolares.

Se ben é certo que as bibliotecas están intimamente vencelladas ao mundo editorial, tamén o é que son a base para a creación e o fomento do hábito lector na sociedade. O seu papel, polo tanto, non é só conducir o desenvolvemento do currículo escolar e articular o método pedagóxico nos centros, senón axudar, acadando o primeiro obxectivo, a consolidar o mercado lector, formándoo desde pequenos. De feito, Gómez (2009) indica nun estudo recente realizado sobre a situación das bibliotecas escolares no Estado español: «Si observamos la situación de conjunto, creemos que siguen siendo una cuestión pendiente del sistema educativo y bibliotecario español». Desde este punto de vista, a biblioteca proporciónanos os lectores, mais a editorial, sobre todo situándonos na realidade galega, debe tamén procurar o seu propio mercado de público lector. Con todo, e incidindo no caso de Galicia, a biblioteca debe cooperar na captación de lectores en galego fomentando e dirixindo lecturas no noso idioma. Non obstante, aparte das medidas necesarias que cómpre tomar á hora de establecer uns obxectivos e unhas necesidades dentro das funcións das bibliotecas escolares, son as administracións públicas ás que, á súa vez, deben regulamentar e achegar as medidas oportunas para que se poida levar a cabo a situación anteriormente exposta e que repercute directamente na sociedade e na forma en como e que libros lemos1. É a partir do rol da administración cando nós podemos acadar eses obxectivos, e é precisamente o papel da administración o que falla, xa que este ano 2010 publicábase unha nova (no contexto do novo Decreto do plurilingüismo2 e da redución do emprego da nosa linguas nas aulas) sobre «a eliminación da cota mínima de libros en galego por parte da Consellería de Educación» (A Nosa Terra, 12/05/2010), desaparecendo así o mínimo do 50% de fondos en lingua galega que establecía a orde do 2009. Sen profundizar en aspectos económicos, simplemente facendo unha simple regra de tres, se a administración reduce a cota de libros en galego para bibliotecas escolares e se reduce o uso do galego nas escolas, a biblioteca poderá cumprir cos obxectivos curriculares, mais non coa formación de lectores en galego; polo tanto, as editoras do país non só deberán gañar un oco entre os grandes en español, senón que terán que subsistir coas axudas públicas para vivir do libro galego (subvencionado, iso si) e non poderán crear nin gañar o seu propio lectorado na nosa lingua se non hai apoio institucional. O eterno debate das subvencións: non se trata de darlle unha cantidade de cartos anual a unha empresa para que esta poida seguir a flote, senón que lle hai que facilitar os apoios, formación e ferramentas necesarias para que esa empresa saiba, aprenda a poida vivir do seu traballo sen verse na obriga de pechar de non recibir fondos públicos, independentemente do grupo político que goberne.

Foi partindo da idea da creación de lectores e de magníficas postas en marcha e diversos premios acadados polos responsables doutras bibliotecas galegas como chegamos á nosa biblioteca escolar. O punto de partida é o dereito a que todos poidamos gozar da mesma calidade e da mesma implicación na biblioteca do noso centro, que funciona e que realmente cumpre os obxectivos actuais para os que está pensada.

Así, decidimos tomar como punto de referencia a biblioteca do noso centro escolar, situada no rural e que acolle ata tres niveis distintos de educación. A idea é mellorar esta biblioteca co fin de elaborar un proxecto de dinamización que lle permita ao centro optar ás axudas públicas que premian as bibliotecas cun bo proxecto e con obxectivos claros e darlle estabilidade. Partindo dos obxectivos que citabamos máis arriba e das funcións dunha biblioteca escolar, así como do papel das editoriais intimamente ligado a estas, decidímonos por este centro no que a biblioteca é un espazo sen uso (porque profesores e alumnos apenas a empregan) e que non se sabe usar (porque non se lle saca rendemento ao material que alí hai nin hai establecido un proxecto interdisciplinar) malia o traballo do responsable actual que se atopa en expectativa de destino.

Así, decidimos estruturar o traballo en tres grandes bloques. No primeiro, titulado «Marco legal de organización dunha biblioteca escolar», presentamos os diferentes documentos que recomendan e/ou normativizan a existencia de bibliotecas escolares dentro de centros educativos e definen as súas funcións específicas. No segundo capítulo, «O modelo real. O CPI Cernadas de Castro», describimos, a modo de radiografía, a situación de partida do Colexio Público Integrado, que coñecemos de primeira man, e nomeadamente, a biblioteca do centro. No terceiro bloque, «Proxecto de dinamización», presentamos unha proposta de mellora da biblioteca, seguindo as pautas e criterios indicados na convocatoria anual da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Plambe 2010, que permiten acadar fondos para non só aumentar a dotación da biblioteca, senón tamén, e o que é máis importante, formar aos usuarios (docentes, alumnado e comunicade educativa en xeral), crear un centro de recursos e continuar co labor do fomento da lectura de maneira estable. Ademais das conclusións, incluímos unha serie de anexos que consideramos fundamentais para ampliar a información ofrecida no corpus do traballo. A bibliografía citada é o resultado das consultas realizadas entre a voluminosa información que sobre a organización e mellora das bibliotecas está dispoñible en formato papel, pero sobre todo, electrónico.

Para a elaboración deste traballo contamos con fontes documentais electrónicas por seren as máis actualizadas, así como documentos en formato papel e información oral e asesoramento por parte das persoas responsables do centro de ensino obxecto do noso estudo. Respecto da lexislación, que ocupa o primeiro capítulo e quere servir de marco no que se contextualice a función dunha biblioteca escolar do século XXI, fornecemos os datos] tirados da rede. No tocante aos datos que serviron para elaborar o segundo capítulo, temos que indicar que contamos co apoio do equipo directivo, así como dos responsables nos últimos anos da biblioteca, que nos permitiron acceder tanto ao propio centro educativo como á documentación interna que rexe o funcionamento do mesmo. E, para rematar, o terceiro capítulo, o máis innovador desde o punto de vista da investigación, elaboramos propostas de dinamización e mellora do funcionamento da biblioteca. Para iso, contamos coa colaboración dunha responsable da Asesoría de bibliotecas escolares da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, Cristina Novoa, así como de moita documentación que se atopa no blog de bibliotecas escolares galegas, e co xeneroso asesoramento da responsable da biblioteca do IES Auga da Laxe, Concha Costas, que ten unha grande experiencia no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares e acadou o Premio Irmandade do Libro na modalidade de Fomento da Lectura. Para a avaliación da nosa proposta, elaboramos unha enquisa destinada ao responsable da biblioteca e outra para os docentes. Agardamos as súas respostas para poder incluílas na conclusión deste traballo.

Marco legal de organización dunha biblioteca escolar

- marco lexislativo que regula as bibliotecas escolares podémolo clasificar segundo as competencias que cada institución ten sobre elas. Deste xeito, facemos distinción entre: as leis e ordenacións de ámbito estatal e incluso recomendacións internacionais; os documentos propios do centro e aqueles que son competencia exclusiva do responsábel da biblioteca.

1. O Manifesto da UNESCO-IFLA sobre a Biblioteca Escolar

- Manifesto da UNESCO non é un documento lexislativo, senón que recomenda e suxire o que debe ser unha biblioteca escolar (mediateca) e cales son os obxectivos da mesma. Ademais, procura a implantación do Manifesto instando aos gobernos, por medio das autoridades responsables de educación, a elaborar estratexias, políticas e programas que permitan aplicar os principios enunciados nel. Estes plans deberán incluír a difusión deste Manifesto nos programas de formación inicial e continuada dos bibliotecarios e docentes.3

- Manifesto describe seis puntos fundamentais, como son:

- A biblioteca escolar no contexto da ensinanza aprendizaxe
- A misión da biblioteca escolar: A biblioteca escolar ofrece servizos de aprendizaxe, libros e outros recursos, a todos os membros da comunidade escolar para que exerciten o pensamento crítico e utilicen de xeito eficaz a información en calquera soporte e formato. Contémplase a figura do equipo de biblioteca, que describiremos nos seguintes epígrafes; a igualdade de acceso á información para os usuarios sen distinción de raza, sexo, relixión, nacionalidade ou lingua e suxire que o acceso aos servizos e aos fondos documentais debe inspirarse na Declaración Universal dos Dereitos Humanos das Nacións Unidas.
- Financiamento, lexislación e redes: A biblioteca escolar debe ser apoiada por lexislacións e políticas específicas. Debe contar con orzamentos suficientes para asegurar a existencia de persoal con formación, documentos, tecnoloxías e equipamentos.
- Obxectivos da biblioteca escolar (detallados no Anexo II)
- Funcións e formación do persoal da biblioteca (detallados no Anexo II)
- Funcionamento e xestión (detallado no Anexo II)

2. Art. 113, Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación

- artigo 113 da presente lei referido a Bibliotecas Escolares establece que:

1. Os centros de ensino disporán dunha biblioteca escolar.4
2. As administracións educativas completarán a dotación das bibliotecas dos centros públicos de forma progresiva. Para tal fin, elaborarán un plan que permita alcanzar ese obxectivo dentro do período de implantación desta lei.
3. As bibliotecas escolares contribuirán a fomentar a lectura e a que o alumno acceda á información e outros recursos para a aprendizaxe das demais áreas e materias e poida formarse no seu uso crítico. Igualmente, contribuirán a facer efectivo o disposto nos artigos 19.3 e 26.2 desta lei.
4. A organización das bibliotecas escolares deberá permitir que funcionen como un espazo aberto a comunidade educativa dos centros respectivos.
5. Os centros poderán chegar a acordos cos municipios respectivos, para o uso de bibliotecas municipais coas finalidades previstas neste artigo.

3. Orde do 17 de xullo de 2007 pola que se regula a percepción da compoñente singular do complemento específico por función titorial e outras funcións docentes

No artigo 6º da presente orde contémplase o dereito a percibir a parte do complemento específico correspondente á función titorial e outras funcións docentes o profesor ou profesora encargado da dinamización da biblioteca por colaborar nunha actividade dentro do seu horario lectivo ordinario e horas complementarias fixas.5

No apartado 3 do artigo 8º establécese que en cada centro poderán existir dinamizadoras e dinamizadores específicos para realizar, cando menos, funcións referidas á biblioteca, convivencia escolar e soporte e dinamización das tecnoloxías da información e comunicación.

Nos artigos 9º e 10º da presente orde defínese a dinamización da biblioteca así como as súas funcións, nas que sempre debe colaborar o profesorado.

4. Regulamento de Ordenación de Centros (ROC)

É un documento que se revisa periodicamente, o que non implica que se faga anualmente. Neste ano 2010 estase a redactar o ROC para o próximo curso. Existe un ROC distinto para centros de infantil e primaria e outro para secundaria:

- Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria6

- presente Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria ten como fin proporcionar o marco legal que facilite o funcionamento dos centros como entidades integradas na realidade galega que contribúan a un auténtico ensino galego respondendo ás características socioeconómicas e culturais propias de Galicia e de cada centro.

Con respecto á biblioteca escolar recóllese no artigo 75º sobre as funcións do xefe de equipo de actividades complementarias e extraescolares, que unha das súas funcións é a de organizar a utilización da biblioteca do centro.

- Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria7

Partindo dos seguintes puntos: papel fundamental do profesorado, autonomía organizativa, pedagóxica e de xestión dos centros, adecuación da estrutura organizativa, participación dos distintos sectores da comunidade educativa na vida dos centros e contextualización no contorno propio de Galicia, elabórase o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria a fin de que sexa a referencia e marco legal que lles permita ós institutos de educación secundaria situados no ámbito de xestión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria responder adecuadamente ás características socioeconómicas e culturais propias de Galicia e de cada centro, así como ás esixencias que se recollen na Constitución e nas normas xerais de educación.

No artigo 66º do presente decreto recóllese que a organización da utilización da biblioteca do centro será responsabilidade do xefe ou xefa do departamento de actividades complementarias e extraescolares.

5. Documentos específicos do centro

En canto aos documentos específicos do centro, elaborados polos propios membros do claustro, fan referencia á biblioteca o Proxecto Educativo de Centro (PEC), o Proxecto Curricular de Centro (PCC), a Programación xeral anual e o Proxecto lector.

- PEC (Anexo IV) é un documento que serve para dotar de identidade o centro, define os principios básicos e marca os obxectivos xerais aos que deberá aterse toda a actividade do mesmo.
- Proxecto Educativo de Centro deberá ser posible, consensuado, aberto a posibeis cambios, con mentalidade de centro e vinculante. É un documento fundamental na regulación da vida do centro, polo que debe ser coñecido por todos os membros da comunidade educativa.
- PCC é o documento que define a oferta formativa e académica do centro, flexible e polivalente, en continua reelaboración, que posibilite a innovación dos currículos e defina o estilo docente e metodolóxico do centro (Díez Gutiérrez, 2009). Nel desenvólvense os elementos típicos do Deseño Curricular (obxecti- vos, prioridades, contidos, metodoloxías, materiais, recursos e avaliación) no que deben estar integrados os distintos niveis de concreción dos Proxectos Curricu- lares (de etapa, área, ciclo e aula) e as adaptacións curriculares. Os encargados de elaborar o PCC son os profesores no claustro, mais é o Consello Escolar quen o aproba.

A Programación xeral anual é o documento referencia da «vida» e funciona- mento dun centro escolar, nel redáctanse os obxectivos educativos para todos e cada un dos niveis formativos dende infantil a 6º de primaria, reflíctense tamén as normas de convivencia que deben levarse a cabo no centro e tamén os obxectivos de cada un dos departamentos e dos programas que se van a desenvolver no cole durante o curso. É unha das competencias do Consello Escolar, que o deberá aprobar nunha xun- ta que se celebra ao comezar o curso (CEIP Emilia Pardo Bazán, 2009).

Proxecto Lector

Co fin de facilitar a consecución dos obxectivos que a Lei orgánica de educación e a Comunidade Autónoma de Galicia sinalan para as etapas de ensino obrigatorio, os centros educativos deberán elaborar e incluír nos seus proxectos educativos de centro, proxectos lectores que integren todas as actuacións do centro destinadas ao fomento da lectura e da escritura e á adquisición das competencias básicas.

- Proxecto Lector8 (Anexo V) é un documento que integra todas as intervencións do centro destinadas ao fomento da lectura, da escritura e das habilidades informativas. A súa elaboración correspóndelle a todo o profesorado do centro e á comunidade escolar; coordínao o dinamizador da biblioteca; supervísao a Comisión de Coordinación Pedagóxica e apróbase no claustro e no Consello Escolar.

- Proxecto Lector procura a adquisición das competencias básicas, especialmente:

- comunicación lingüística
- tratamento da información e a competencia dixital
- competencia cultural e artística
- competencia para aprender a aprender

-s obxectivos que establece o Proxecto lector son:

- desenvolver a competencia lectora
- favorecer a competencia literaria
- educar no uso crítico da información
- fomentar o hábito da lectura
- apoiar a adquisición das competencias básicas

- Proxecto lector é a referencia para a programación do Plan Anual de Lectura, que se incorporará á Programación Xeral Anual (Xunta de Galicia 2007).

6. Responsabilidade específica do encargado da biblioteca

Para rematar, citamos os documentos de competencia específica do responsable de biblioteca: Plan anual de lectura (Proxecto Lector), Plan anual de biblioteca e Memoria anual de biblioteca.

- Plan anual de lectura consiste na elaboración dun programa anual de obxectivos e accións para o desenvolvemento do proxecto lector de centro. Inclúese na Programación xeral anual.

Pode conter, entre outros aspectos: obxectivos, rutinas de lectura, recursos humanos e actividades programadas, así como un seguimento e a avaliación dos resultados.

- Plan anual de biblioteca é un documento que recolle a organización de todas as actividades que cómpre desenvolver en torno á biblioteca no transcurso do curso escolar. O Plan deberá cumprir uns obxectivos concretos que responderán a tres finalidades: apoiar aos departamentos para desenvolver no alumnado as competencias básicas, fomentar o hábito e o gusto pola lectura e levar a cabo un maior aproveitamento deste espazo.

- Plan anual de biblioteca será competencia da Comisión de Actividades Complementarias e Extraescolares a través do Equipo de Biblioteca, encargado de actualizalo cada curso escolar.

A Memoria anual de biblioteca é un documento que redacta o equipo de biblioteca (Anexo VI). A finalidade desta memoria é analizar se os obxectivos do proxecto de biblioteca se cumpriron ou non, e formular novos retos para o curso seguinte co fin de acomodar a biblioteca ás necesidades da comunidade escolar e ao cambio das novas tecnoloxías.

O modelo real. O CPI Cernadas de Castro

1. Descrición

Descrición do contorno

- CPI Cernadas de Castro está situado no concello rural de Lousame, cunha superficie de 93,2 km2, no interior da ría de Muros e Noia, polo que se inclúe e relaciona con esta última comarca. Máis especificamente, a aldea na que se sitúa, A Silva, é un lugar de mínima poboación, con só 3 vivendas e un serradoiro, e Cruído, a aldea máis próxima, a 300 metros.

Consonte o censo de 2005, consígnanse 4.171 habitantes, distribuídos en 83 núcleos de poboación (aldeas), sen que exista un núcleo principal.

Características do centro

a) Niveis que imparte

No curso 2009-2010, o centro conta con 440 alumnos distribuídos entre os seguintes niveis educativos:

- 2.º ciclo de Educación Infantil
- 1.º, 2.º e 3.º ciclo de Educación Primaria
- 1.º e 2.º ciclo de Secundaria

Na actualidade, o número de unidades en funcionamento son: 3 de Educación Infantil, 10 de Educación Primaria e 8 de E.S.O., con 3 profesores en Educación Infantil, 16 en Primaria e 23 en Secundaria.

b) Estrutura do centro

- edificio, con planta baixa e 1.º andar, consta de dúas partes. A máis antiga, construída no ano 1974, onde se atopan as aulas de primaria, secundaria e o comedor escolar. Na outra parte, do ano 1999, atópanse as dependencias administrativas, a sala de profesores, o ximnasio, as aulas específicas e a biblioteca.

Ademais, o colexio integra un edificio anexo, a escasos 5 metros do principal, que alberga as aulas de infantil, de apoio e de audición e linguaxe. No baixo deste edificio hai un almacén, unha aula destinada á práctica da expresión corporal cos alumnos de infantil e un espazo pavimentado sen definir.

A carón dos edificios hai unha pista de tenis, un patio de randeeiras e xogos infantís, dous patios de xogos con porterías de fútbol e unha pista de balonvolea. Nun edificio próximo están o polideportivo municipal e a piscina descuberta. Non se atopan dentro do recinto escolar, senón que están separados deste por un aramado e as súas instalacións son de acceso público.

- recinto escolar está totalmente pechado cun aramado e o acceso está protexido por un portón automático.

2. A biblioteca

Cómpre indicar que na actualidade, o centro Cernadas de Castro carece dun Proxecto específico de biblioteca.

Neste apartado dedicarémonos a describir o modelo real baseándonos nos documentos fornecidos polos responsables da directiva do centro, así como polo encargado da biblioteca, que datan do 2005 como son: o PEC (Anexo XX), un esbozo do Plan Anual de Biblioteca do 2009 e, en moitos casos, por fotografías tomadas in situ ou a través da información que nos achegaron María Xesús Rey e Pablo Mato, responsable anterior e actual respectivamente ao longo dos últimos catro anos.

2.1. Equipo de biblioteca

Non hai un equipo de biblioteca nomeado como tal. O responsable da súa xestión no curso 2009-10 é Pablo Mato, e Mª Xesús Rey9, responsable en cursos anteriores e que axuda na actualidade de forma desinteresada. Ademais, un grupo de alumnos e alumnas axudan nos recreos.

A persoa responsable non é especialista en documentación ou biblioteconomía, dado que isto nin sequera está recollido pola lei actual e existe un «baleiro» legal a este respecto. O responsable é o profesor encargado da docencia das aulas de Música que non ten cubertas as horas lectivas semanais e débeas completar con cinco gardas dedicadas á biblioteca en vez de gardas normais.

2.2. Plan Anual de Biblioteca 2009-2010

- Plan Anual de Biblioteca (2009) para o presente curso aínda está sen redactar. O equipo directivo conta, polo momento, cun pequeno esbozo dos obxectivos que se pretenden acadar este ano, mais no momento de realización deste traballo non se desenvolveu o plan completo. Os obxectivos son os seguintes:

a) Tratar de aumentar os índices de lectura.
b) Consolidar e aumentar a frecuentación da biblioteca.
c) Continuar co horario ampliado da biblioteca.
d) Continuar coas actividades iniciadas en anos anteriores: o F í o de
Ariadna, en versión dixital, Xogaina, a revista do centro, exposicións periódicas e actualización e conservación dos fondos existentes, realización de murais e boletíns periódicos coas novidades editoriais máis salientables.
e) Seguir coa catalogación de libros.
f) Dinamizar o blog «Clube de Leóns»10 publicando as novidades tanto
de libros como de música e vídeo online, fomentando a participación do alumnado cos seus comentarios.
g) Organizar o concurso de marcapáxinas: realizarase un concurso no
que o alumnado do centro poderán deseñar o seu marcapáxinas. Os premiados serán plastificados e expostos na biblioteca. h) Realizar e editar unha serie de gravacións dos alumnos, profesores e persoal non docente de pequenos relatos ou poemas dos fondos da biblioteca. Preténdese así crear un arquivo de audiolibros que suporá outra maneira de achegar aos alumnos á literatura mediante o uso de novas tecnoloxías.
i) Fomentar actividades de animación á lectura.

2.3. Infraestrutura

Nesta epígrafe trataremos cuestións relacionadas co orzamento e as instalacións da biblioteca baseándonos sempre na información e documentación oficial da que dispón o centro.

Orzamento

A xestión e o reparto do orzamento, segundo nos indica o responsable da biblioteca no curso 2009-201011, lévase a cabo da seguinte forma: Dentro dos presupostos xerais do centro, hai unha partida dedicada especificamente á biblioteca. Ás veces, e segundo informa o responsable, acóllense a programas de mellora de bibliotecas, cuxo presuposto debe ir destinado a adquisición de material impreso, audiovisual e en CD para a biblioteca. Moitas veces estas axudas pasan a substituír o presuposto da biblioteca para ese ano. Non obstante, se hai necesidades especiais, o centro pode achegar os fondos necesarios.

A única cifra coa que contamos a respecto do orzamento é do curso 2008- 2009, fornecida polo director do centro12, quen nos informa de que o presuposto nese ano foi de 1.300 euros aproximadamente, que se destinaron á compra de fondos e de premios para os concursos que cada ano organiza o centro, como os certames de poesía.

Non obstante, temos datos relativos ao 2004-2005, extraídos do Plan Anual de Biblioteca dese mesmo curso, no que se detalla o investimento do presuposto co que contaron nese período.

A cantidade real recibida nos anos 2004-2005 foi moi semellante á do curso 2008-2009: 1.200 euros. Do total percibido, destinaron o 50% á compra de documentos novos de acordo coa política de compras aprobada polo claustro. Nese ano tivéronse en conta as conmemoracións dedicadas ao Quixote, Andersen e Verne. Destinouse un 20% á reposición de libros, é dicir, a substituír libros deteriorados e a actualizar os fondos. O 5% destinouse a revistas e diarios con subscrición. Un 15% foi destinado á compra de materiais non funxibles e o 10% sobrante deixouse para imprevistos, é dicir, gastos que poidan xurdir ao longo do curso aprobados polo grupo de biblioteca. Neste 15% entran os premios que a biblioteca merca para os concursos de poesía e libros, en caso de haber visita de escritores ou ilustradores ao centro.

Ademais, terá categoría de gasto excepcional aquel que, non sendo un gasto periódico, pola súa contía supere o 50% do presuposto da biblioteca. Dito gasto non se incluirá no presuposto anual da biblioteca senón que se realizará cunha partida especial trala súa aprobación polo claustro.

Infraestrutura

No tocante á infraestrutura, tal e como indicamos máis arriba, carecemos de documentos que reflictan datos ao respecto, polo que faremos unha breve descrición do centro a partir da nosa experiencia persoal tras realizar unha visita ao mesmo.

A biblioteca está situada no primeiro andar do edificio construído en 1999 (PEC, 2006), comparte corredor con dúas aulas da E.S.O. e aulas específicas de Informática, Plástica e Audiovisual, etc. Na planta baixa, unhas pisadas de cores adheridas ao chan son as encargadas de nos guiar ata a biblioteca.

2.4. Fondos

Nesta epígrafe trataremos cuestións relacionadas co material do que dispón a biblioteca, se está actualizado, como é o proceso de adquisición e se reciben doazóns de particulares, doutras bibliotecas ou das editoriais.

Como non existe un rexistro dos fondos, tiramos os datos dunha pequena entrevista realizada ao actual encargado da biblioteca e á antecesora deste. A información extraída foi a seguinte:

Material do que disp ó n a biblioteca

A biblioteca conta no ano 2010 con 10.500 exemplares rexistrados entre libros, enciclopedias e dicionarios, revistas, cómics e material audiovisual. Están en proceso de catalogación dos fondos no programa Meiga13 e aínda non contan con datos concretos das obras das que dispoñen segundo a área de coñecemento ou utilidade no centro.

Material actualizado

- responsable da biblioteca no curso 2009-2010, Pablo Mato, informounos de que cada ano buscan as novidades máis relevantes en cada materia ou campo e dedícase unha sección da biblioteca a presentar as novidades, ás veces expoñendo información nos taboleiros de anuncios ou incluso no propio blog (http://leondelibros.blogspot.com). Nos andeis rotulados como NOVIDADES consérvanse as novas adquisicións aproximadamente un cuadrimestre ou, se a necesidade o impón, vanse substituíndo os exemplares antigos cando chegan outros novos. Malia a escaseza de espazo as limitacións económicas, intentan estar ao día, explica Pablo.

Adquisici ó n de fondos

Para a adquisición de libros apróbase no claustro o 5% do presuposto ordinario do centro. O seguinte paso é a compra do material, que se leva a cabo por medio de tres vías:

a) A través da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria
b) Profesor-editorial
c) Profesor-libraría

a) A través da Consellaría

Segundo o responsable da biblioteca, é por esta vía pola que menos fondos lles chegan anualmente ao centro. Explícanos que a Consellaría non segue ningún criterio, simplemente manda unha serie de obras, sen consultalo con ninguén do centro, e ese material incorpórase aos fondos da biblioteca. Moito deste material, asegura, «está coma o primeiro día, totalmente novo.»

b) Profesor-editorial

A miúdo, é o profesor encargado da biblioteca o responsable da adquisición de material. Ao longo do ano, as editoriais póñense en contacto co centro, envíanlles catálogos e, ás veces, caixas cunha selección de títulos14. Ponse en coñecemento dos xefes de departamento o material que chega para que participen da selección, de onde escollen os máis oportunos. Esta selección non pasa nin polo claustro, nin por dirección. É cada profesor (ou xefe de departamento) e o encargado da biblioteca quen deciden os fondos que se van adquirir. Outras veces é un viaxante o que se achega ao centro cunha grande mostra de libros que os profesores mercan con cargo aos respectivos departamentos. Porén, pode haber materiais complementarios que son de interese para algunha materia pero poden ser de utilidade xeral polo que, nestes casos, preséntanse unha serie de suxestións á biblioteca e, na medida das posibilidades económicas, estes adquírense.

c) Profesor-libraría

-utra forma de adquirir material é indo directamente a unha libraría e cargalo á conta do centro. O ideal é que o encargado da biblioteca reciba as suxestións de material dos coordinadores de ciclo (primaria) e dos xefes de departamento (secundaria), aínda que isto non adoita suceder e vanse adquirindo libros segundo van xurdindo necesidades ou material interesante.

Doaz ó n e intercambio de fondos

Existe unha biblioteca municipal15 moi preto do Cernadas de Castro, mais polo de agora non existe ningún convenio ou colaboración entre ambas as dúas. O que si se fai desde o colexio é recomendarlle ao alumnado a biblioteca municipal cando a escolar permanece pechada.

2.5. Xestión e funcionamento

Nesta epígrafe trataremos cuestións relacionadas coa xestión e o funcionamento da biblioteca tales como a catalogación dos fondos (se están informatizados), como organizan e rexistran os préstamos, o expurgo e os horarios de apertura.

Catalogaci ó n dos fondos

A catalogación dos libros da biblioteca deste centro insírese no proxecto Meiga. A biblioteca segue o modelo de catalogación da CDU adaptado para bibliotecas escolares. Antigamente existía un catálogo clásico por fichas, moi inadecuado, xa que estaba sen actualizar desde había anos.

Non obstante, a catalogación aínda está «en proceso», dado que hai pouco persoal a colaborar coa biblioteca e, ademais, é un traballo que se vai pospondo segundo xorden necesidades máis urxentes. Actualmente, o número de fondos catalogados a través de Meiga é de 1.988 libros16:

Reconto de rexistros da biblioteca do CPI Cernadas de Castro

Abbildung in dieser Leseprobe nicht enthalten

Fonte: Rede de Bibliotecas de Galicia

O Proxecto Meiga 17

- Proxecto Meiga é unha ferramenta que axuda a automatizar os procesos de xestións dos fondos da biblioteca. Logo dunha traxectoria de case 12 anos, Meiga, configúrase como un estándar da xestión bibliotecaria. Este sistema 100 % galego é o único software de bibliotecas instalable e escalable dende un pc monoposto ata un servidor central, redes de pc’s ou servidor remoto con conexións remotas (terminal server, etc.), ou calquera configuración que da que se poida dispoñer. O número de usuarios é ilimitado, o número de rexistros é ilimitado, o número de campos definibles para descricións bibliográficas é practicamente ilimitado (formato MARC completo e máis), etc. Non ten dependencia da rede nin dos servidores. É un sistema que se autorreconstrúe en caso de perda total de datos. Coa utilización desta aplicación, cada biblioteca engádese á rede bibliotecaria, quizais, máis numerosa e que emprega o mesmo entorno no noso país (actualmente máis de 1.050 bibliotecas). Unha rede na que se poden atopar fondos de bibliotecas escolares, museos, arquivos, fundacións, bibliotecas públicas, outras institucións públicas ou privadas, etc. Desta forma, cada biblioteca enriquece á rede e sácalle partido á mesma, pero o que é mais importante, ofrécelle á comunidade un amplo abano de posibilidades onde atopar información, documentación, recursos electrónicos, webs, buscadores, revistas, etc. Entre todos hai agora máis de 5.000.000 de documentos físicos en liña para ofrecer aos usuarios. Neste sentido, cómpre salientar que resultan moi representativos os datos estatísticos publicados pola Consellería de Cultura e Turismo, no seu Servizo de Bibliotecas. A automatización dos fondos, unificación de criterios, estandarización, reconversións, publicación de catálogos, etc., son valores acadados e que conforman unha nova visión das bibliotecas na nosa Comunidade Autónoma.

No ano 1997 estudouse como proceder á informatización das bibliotecas pertencentes a rede municipal de bibliotecas de Galicia. É nese ano cando se fragua o Proxecto Meiga. Era necesario dotar ás bibliotecas de instrumentos da denominada ‘Sociedade da Información’. O primeiro obxectivo foi o de crear unha aplicación básica que se puidera instalar en calquera ordenador. Así pois a Consellería de Cultura, baixo a supervisión do Centro Superior Bibliográfico de Galicia, deseñou Meiga. Meiga viña a ser o primeiro elo na cadea da actualización da rede de bibliotecas municipais galegas. A aposta do C.S.B.G. foi, na primeira versión, a de conseguir poñer a disposición de tódalas bibliotecas da rede un sistema informático único que acabara coa proliferación de pequenas bases de datos cada cal distinta e sen ter en conta, a maioría das veces, normas estándar de estruturación e representación de datos. A primeira compilación foi en xullo de 1997 e a última foi en xaneiro de 1999, o número total de programas feitos foi de 130 e actualmente aínda queda algunha biblioteca traballando con esta versión, o que dá idea da robustez do programa.

En febreiro de 2001 a posta en funcionamento dunha nova versión supuxo a adaptación dos datos das bibliotecas ó formato MARC. As bibliotecas xa non tiñan os datos illados e podían ser exportados a outros sistemas que soportaran dito formato. E o que é mais importante, Meiga podía importar datos de grandes sistemas bibliotecarios en formato MARC. A catalogación converteuse, pois, nun proceso sinxelo, en formato MARC e sen ter coñecementos do mesmo.

Xa no 2004, o OPAC de consulta está adaptado ás novas tendencias de buscas por valor único e selección de distintos campos e modos. Incorpora maiores funcionalidades de vinculación con ficheiros multimedia, hipervínculos, etc. O que marca a diferenza desta versión das anteriores é a posta en funcionamento dos módulos de comunicacións. Estes son o de «Consulta Web no Entorno de Internet» e o de «Mensaxería no Entorno Windows»; potentes sistemas que permiten o acceso ós catálogos e ás comunicacións entre usuarios Meiga. Redes virtuais, catálogos compartidos, catalogación cooperativa son conceptos reais coa posta en funcionamento desta versión. Existe un Centro de atención ao usuario encargado de dar soporte técnico a todos os usuarios da aplicación de xestión de bibliotecas.

Servizo de pr é stamo

Existe un sistema de préstamo a domicilio dos fondos, polo que os alumnos poden dispor dun libro durante un período máximo de quince días, podendo renovar este empréstito se fose necesario. O servizo de préstamo poderá realizarse de luns a venres de 11.40 a 12 horas (Secundaria) e de 11.50 a 12.20 (Primaria).

Hoxe en día o préstamo non está informatizado, aínda que se prevé nun futuro a implantación do carné e o lector por código de barras. Actualmente, dispoñen de folios cos datos do alumnado que colle libros e onde se anota á man a data de préstamo, os datos do alumno ou alumna e a data de entrega do libro. Este sistema é eficaz polo momento debido ao pequeno número de préstamos que se fan. A continuación, amosamos unha gráfica do curso 2004- 2005 co número de préstamos ao mes, sendo decembro o mes onde se rexistran máis préstamos, con 5 libros diarios.

Abbildung in dieser Leseprobe nicht enthalten

Fonte: Plan Anual de Biblioteca do curso 2004-2005.

Baixa ou expurgo de libros

Segundo a persoa encargada da biblioteca nos distintos anos, a forma de proceder era distinta.

En cursos anteriores, o que facía a responsable era gardalos en caixas e almacenalas nunha aula por medo a que algunha obra fose de interese pola súa antigüidade. Neste momento, aínda continúan na aula esperando unha solución. Tamén se lle aconsellou envialos ao Mupega (Museo Pedagóxico de Galicia).

- actual responsable da biblioteca coméntanos que hai varios motivos para se desfacer dos libros. O primeiro, que quedaran obsoletos ou demasiado anticuados para as necesidades do centro; en segundo lugar, que estean deteriorados máis alá de toda reparación posible e, en terceiro lugar, que haxa demasiados exemplares dun libro en concreto e que xa non se está a utilizar (sobre todo libros que usara algún profesor como lectura obrigada e polo que a biblioteca puido adquirir uns vinte exemplares).

Para sacar os libros da biblioteca no expurgo, o que se fai é clasificalos segundo a súa antigüidade e deterioro. Así, aqueles que son curiosos pola súa temática ou idade, pasan a unha vitrina especial, como colección aparte. Outros poden ser doados a bibliotecas menos dotadas ou a aquelas bibliotecas que están empezando a crear bibliotecas de aula18. Nalgúns casos faise entrega dos libros aos alumnos interesados e, nos casos de libros deteriorados, adoitan ser material para reciclar.

Horario

A biblioteca será sempre accesible para os alumnos durante toda a xornada lectiva, sempre e cando se conte coa presenza dun profesor. A biblioteca abrirá nos recreos de comedor (13.40 a 14.30 e 14.30 a 15.20 horas) para funcionar como sala de lectura para todos aqueles alumnos que o desexen, sempre baixo a supervisión dun profesor de garda.

Das estatísticas do centro podemos extraer datos do curso 2004-2005 sobre a frecuentación da biblioteca nos horarios do recreo. Estes son os resultados:

Abbildung in dieser Leseprobe nicht enthalten

Fonte: Plan Anual de Biblioteca do curso 2004-2005.

Abbildung in dieser Leseprobe nicht enthalten

Fonte: Plan Anual de Biblioteca do curso 2004-2005.

Conclusións

Como vimos explicando, o centro non conta con documentación actualizada e, polo tanto, as conclusións que se extraen destas gráficas e que o propio centro elaborou, están redactadas en relación ao curso anterior (2003-2004), é dicir, habería que facer unha comparativa entre estas gráficas (desfasadas no tempo) e as do curso anterior para coñecer os cambios que houbo en canto á afluencia de alumnos á biblioteca nos horarios establecidos. Consideramos, polo tanto, que non é oportuna esta comparación (para o que ademais cumpriría plasmar os resultados das gráficas correspondentes ao 2003-2004) dado que a información non está actualizada. Non obstante, a partir destas gráficas podemos coñecer datos como o número de alumnos (por ciclos) que acoden á biblioteca en horario de comedor e no recreo por meses, nese ano, o que dá unha idea de cales poden ser as accións a emprender para mellorar a frecuentación da biblioteca escolar no tempo de lecer do alumnado.

Outros servizos

Existe tamén un servizo de fotocopias, respectuosa coa normativa vixente de dereitos de autor, no que se facilitan ata un máximo de 10 páxinas fotocopiadas dunha obra determinada por alumno para facilitarlles a realización de traballos académicos.

Continúase coa creación dunha fonoteca e unha videoteca, así como coa adquisición de fondos en formato CD-ROM. A Área de Normalización Lingüística solicitou un espazo na biblioteca para crear unha «colección alternativa» (aínda que todo o material pertence á biblioteca, incluso o adquirido polo equipo de Normalización). Nesta sección colocábanse novidades editoriais en galego: cómics (Retranca e similares), música galega, clásica e moderna en formato CD e unha pequena colección de cinema en formato DVD en lingua galega. O préstamo dese material é moi frecuente e faise seguindo o mesmo procedemento que cos libros. O éxito deste tipo de material levou a que fixeran unha recollida de todo o material disperso polo centro en formato DVD e do que non se levaba control ningún.

No curso 2009-2010 contan con 172 títulos que se van completando coas suxestións e a selección de títulos que fan os profesores segundo os contidos didácticos das súas clases.

2.6. Actividades

-s datos dos que dispoñemos con respecto a esta epígrafe extraémolos do Plan Anual de Biblioteca do curso 2007-2008 (Anexo VIII). Neste documento constan os obxectivos para ese curso, as actividades que se desenvolveron para logralos e unha breve conclusión explicando o cumprimento ou non deses obxectivos, que indico a seguir:

-BXECTIVOS PARA O PRESENTE CURSO:

1.- Tratar de aumentar índices de lectura.
2.- Consolidar e aumentar a frecuentación da biblioteca.
3.- Continuar co horario ampliado da biblioteca.
4.- Continuar coas actividades iniciadas: FíO DE ARIADNA, XOGAINA, exposicións periódicas, forrado de libros, boletíns de nadal e vacacións ...
5.- Recolocación de libros na biblioteca.
6.- Catalogación de libros.
7.- Continuar co blog «Clube de Leóns» de publicación de novidades na biblioteca e comentarios por parte dos alumnos.
8.- Reestruturar e modernizar o mobiliario da biblioteca, diferenciando dúas zonas de lectura: unha para infantil e primaria, e outra para secundaria. Neste sentido, agradamos poder ampliar o mobiliario para poder crear unha zona de lectura máis cómoda para os alumnos de secundaria.

[...]


1 Unha das medidas que persegue a Lei 17/2006, do 27 de decembro, do libro e da lectura de Galicia, (DOG do 10/01/2007) (Anexo I) é dotar convenientemente as bibliotecas e favorecer as relacións entre estas e as librarías.

2 Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia (DOG do 25/05/2010). En: <http://www.xunta.es/Dog/Dog2010.nsf/FichaContenido/196D2 ?OpenDocument>

3 Existe tradución ao galego (Asesoría de Bibliotecas Escolares). O Manifesto foi preparado pola Federación Internacional de Asociacións de Bibliotecarios e de Bibliotecas e aprobado pola UNESCO na súa Conferencia Xeral en Novembro de 1999. En: Anexo II.

4 (BOE do 04/05/2006)

5 (DOG do 24/07/2007) En: Anexo III.

6 (DOG do 21/10/1996)

7 (DOG do 09/08/1996)

8 No resto do Estado español denomínase Plan lector.

9 Realizáronse un total de catro enquisas ao encargado da biblioteca no presente curso, Pablo Mato, e á anterior responsable, Mª Xesús Rey (Anexo VII). Esta última axudounos coa documentación da biblioteca da que dispoñían dado que, por problemas técnicos, o actual responsable non podía fornecernos esta información actualizada. De aí que nos baseemos en documentos anteriores ao 2006.

10 En: <http://leondelibros.blogspot.com>

11 Mantivemos correspondencia electrónica en varias ocasións co responsable da biblioteca no momento da realización deste traballo, Pablo Mato Collazo, as respostas, así como a enquisa, atópanse no anexo VII.

12 Conversa persoal realizada ao director, Francisco M. Quintela Romero, no propio centro o día 08/03/2010

13 En: <http://www.opacMeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=CEH005>

14 Véxase pregunta 6 da enquisa 2 no Anexo VII.

15 A colaboración entre a biblioteca pública e a escolar é requisito para a participación na convocatoria do Plambe.

16 En: http://www.opacMeiga.rbgalicia.org/RecontoRexistros.aspx?CodigoBiblioteca=CEH005

17 En: <http://www.rbgalicia.org/Meiga/>

18 Nas orientacións de modelo de biblioteca escolar da convocatoria do Plambe do 2010:14 recomendan evitar a dispersión dos recursos documentais da biblioteca polas aulas. En calquera caso, ao finalizar o curso deben retornar á biblioteca.

Fin de l'extrait de 140 pages

Résumé des informations

Titre
Achegas para o traballo de dinamización das bibliotecas escolares
Sous-titre
O caso do CPI Cernadas de Castro
Université
University of Vigo
Cours
Master Interuniversitario en Edición
Note
8
Auteur
Année
2010
Pages
140
N° de catalogue
V171869
ISBN (ebook)
9783640917136
ISBN (Livre)
9783640917709
Taille d'un fichier
5279 KB
Langue
portugais
Mots clés
achegas, cernadas, castro
Citation du texte
Iolanda Mato (Auteur), 2010, Achegas para o traballo de dinamización das bibliotecas escolares, Munich, GRIN Verlag, https://www.grin.com/document/171869

Commentaires

  • Pas encore de commentaires.
Lire l'ebook
Titre: Achegas para o traballo de dinamización das bibliotecas escolares



Télécharger textes

Votre devoir / mémoire:

- Publication en tant qu'eBook et livre
- Honoraires élevés sur les ventes
- Pour vous complètement gratuit - avec ISBN
- Cela dure que 5 minutes
- Chaque œuvre trouve des lecteurs

Devenir un auteur